Marín, sábado 27 xullo 2019

+10 KILÓMETROS MARÍN. MANUEL ROSALES 2019

O Concello de Marín e Dsport Event AD organizarán o vindeiro Sábado 27 de julio de 2019 ,  “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE AMRÍN”. 
HORARIO E LUGAR DE SAÍDA: A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda – Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín. O percorrido terá unha distancia de 10 Km totalmente planos, sen desniveis considerables acumulados e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.).
RECOLLIDA DE DORSAIS:
  • O Sábado 27 de xullo de 2019, ata 45 minutos antes da saída de adultos na secretaría de competición (Concello de Marín)
  • Menores: o Sábado 27 de xullo de 2019, ata 45 minutos antes da saída de menores na secretaría de competición (Concello de Marín) para  os deportistas que se inscribiron pola web
INSCRICIÓNS: Ata o 25 de xullo ás 22.00 h 
SERVIZOS: Vestiarios e duchas: Vestiarios do Pavillón do Sequelo e plaza de España
ENTREGA DE PREMIOS
  • A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na ALAMEDA. 
  • Recibirán trofeo conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” e “cadete - infantil”. Nas carreiras “alevín – benxamín” e “prebenxamin- putufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
  • Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín