Porriño, domingo 17 marzo 2019

10KM DE PORRIÑO

A  XIII Carreira de “O Porriño 10 k” organizada polo Club Atletismo Porriño e o  Concello de Porriño celebrarase o Domingo 17 de marzo de 2019 ás 11:00 horas (carreira absoluta).

A saída e meta terá lugar en cálea Domingo Bo, 9 do Porriño, Pontevedra. O tempo de duración máximo da proba será de 1hora e 25 minutos.
A carreira está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación  Galega de Atletismo, reservada para todas as persoas nadas no ano 2003 e anteriores, e estará controlada polo comité galego de xuíces e  cronometradores da  FGA. 

INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición estará aberto desde o día 24 de xaneiro ata o 12 de marzo de 2019, sen posibilidade de inscrición fóra deste prazo.