Santiago de Compostela, sábado 14 setembro 2019

ANDAINA ASOTRAME FAI O CAMIÑO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 98 inscritos 10:30 5 km 12/09/2019 5,00 plazas
ANDAINA MENORES -12 7 inscritos 10:30 5 km 12/09/2019 2,00 plazas
Inscrición pechada Total: 105 inscritos
ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación Santiago de Compostela), e coa colaboración do  Concello de Santiago de Compostela, organiza a “I  ANDAINA SOLIDARIA  ASOTRAME”.
A proba celebrarase o 14 de setembro de 2.019 en Santiago de Compostela, a partir das 10:30 h. 

PARTICIPANTES: Idade mínima para poder participar será de 6 anos, sendo de obrigatorio cumprimento o acompañamento dos menores por adultos. 
LUGAR, HORA DE SAÍDA E PROBA: Os participantes camiñarán unha distancia de 5 quilómetros aproximadamente, saíndo desde o monumento a Juan Pablo II no Monte  do Gozo a partir das 10:30 h.
INSCRICIÓNS: Ata o 12 de setembro de 2019 ás 23:59 h.

Así mesmo, dentro da propia páxina, será posible colaborar con:
  • DORSAL 0: Donativo de 1, 3, 5 ou 10 euros en colaboración con  ASOTRAME e non poder colaborar participando na  andaina.
  • Donativo: Todas aquelas persoas participantes que desexen realizar un donativo a  ASOTRAME poderán facelo dentro da propia inscrición.