Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Carballo, domingo 02 febreiro 2020

CARBALLO TRAIL RACE 2020

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL LONGO 42 inscritos 09:30 30 km 29/01/2020 10,00 plazas
Inscribirme Total: 42 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL CURTO 109 inscritos 09:30 11 km 29/01/2020 6,00 plazas
Inscribirme Total: 109 inscritos
O Concello de Carballo organiza o “CARBALLO TRAIL RACE 2020”, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e sobre distanzas de aproximadamente 30 Km, e 11 Km na opción curta, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.

Entidades Colaboradoras: Colaboran na organización da proba a FGA, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia.
Participantes: Ppode participar toda persona nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 400, con excepción das limitacións impostas pola regulamentación propia da Federación Galega de Atletismo para a participación de atletas federados de outras Federacións Autonómicas.
Inscricións: Ate o día 29 de xaneiro de 2020 ou ata acadar as 400 prazas.
Recollida de dorsais: Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto na Piscina Vila de Noia, sita na rúa vila de Noia o sábado día 1 de febreiro de 10:00 h. a 13:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h. e o día de celebración da proba dende as 7:30 horas.
Servizo de Desprazamento e Vestiarios para deportistas: A organización disporá autobuses para desprazar unicamente ós deportistas segundo o seguinte detalle:
  • Saídas dos autobuses dende a Piscina Vila de Noia (Rúa Vila de Noia, 15100 Carballo, A Coruña 43.217265, -8.683704) ate o punto de saída.
  • Os autobuses tomarán a saída ás 8:30 h. Os participantes que acudan polos seus medios á zona de saída, non serán trasladados á mesma pola organización ó remate da proba.
  • Os participantes no trail curto serán retornados á Piscina Vila de Noia
  • Utilizaranse os vestiarios da Piscina Vila de Noia, próxima á meta.
Avituallamentos: A organización disporá avituallamento sólido e líquido nos seguintes puntos do percorrido: KM 8. Cumio Monte Neme (líquido). Km 11. Local Social, Cances(Meta trail curto)(líquido + sólido). KM 20 Muiño da Torre )(líquido + sólido). KM 25. A Cepeira (Líquido)