Ourense, domingo 20 outubro 2019

CARREIRA DA CARBALLEIRA. IX CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE

CORRENDO POR OURENSE 2019
Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular. O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o IX Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.
A Comisión Técnica está formada por:
- Francisco Javier Vázquez Fernández (Colexio Divino Maestro): Carreira do Vinteún.
- Óscar del Campo Rodríguez (Esprintes Ourense): Carreira de O Couto.
- Ángel Fidalgo Vázquez (Delegación Ourensana de Atletismo): Carreira do Centro.
- Eladio Gómez Rosales (Club Deportivo Aurum): Carreira da Zona Universitaria.
- José Antonio Álvarez Pérez (Club Ourense Atletismo): Carreira da Ponte.
- Arturo Rodríguez Pérez (Asociación de Veciños Carlasca): Carreira da Carballeira.
- Mario González Rodríguez (Xerente do Consello Municipal de Deportes)
- Marta Míguez Telle (Coordinadora de deportes do Consello Municipal de Deportes)