Lestrobe (Dodro), sábado 16 novembro 2019

CARREIRA PEDESTRE DE LESTROBE 2019

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10K 134 inscritos 12:15 10 km 13/11/2019 6,00 300 plazas
SUB 16 E SUB 14 24 inscritos 11:45 3,7 km 13/11/2019 0,00 plazas
SUB 12 9 inscritos 11:30 1,3 km 13/11/2019 0,00 plazas
SUB 10 23 inscritos 11:10 0,75 km 13/11/2019 0,00 plazas
PÉ DE MILLO 17 inscritos 11:10 0,65 km 13/11/2019 0,00 plazas
PAVÓN 54 inscritos 11:00 0,1 km 13/11/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 261 inscritos

O Concello de Dodro organiza a Carreira Pedestre de Lestrove 2019 na Rúa Fortunato Cruces (Lestrove) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba oficial da FGA  
 
Lugar de saída e percorrido: Saída e chegada Rúa Fortunato Cruces (Lestrove) 
Inscricións Prazo: Ata o mércores 13 de novembro de 2019 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.
Retirada de dorsais e chips: Na unitaria de Lestrove  (sita na R/Fortunato Cruces) o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma.  Cronometraxe e control por chip Agás os participantes nas categorías pavóns e pés de millo (non competitivas), os demais participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará integrado no dorsal (non retornables). 
 
Premios:
Na Carreira Pedestre de Lestrove 2019 outorgaranse os seguintes:
  • Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Pavón, Pé de Millo, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
  • Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina.
  • Medalla Podium para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría feminina e masculina. Excepto categorías Pavón e Pé de Millo ( non competitivas )
  • Trofeo para os/as 3 primeiros/as corredores/as locais masculinos e femininos na proba absoluta. ( locais serán aqueles empadroados en Dodro ).
  • Trofeo ao club con mais participantes.
  • Agasallos: Os participantes nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23), sénior e veteráns recibirán un agasallo técnico. 
 Servizos:
  • Servizo de gardarroupa Unitaria de Lestrove
  • Vestiarios e Duchas Pavillón Polideportivo de Padrón ( anexo á piscina ) 
  • Aparcadoiros: Complexo Deportivo de Lestrove ( 42º 43´38.80” N, 8º 40´19.80” O )  Zona da feira xunto ó río Sar. ( 42º 44´02.13” N, 8º 39´44.37” O )