Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Portomarín, domingo 01 decembro 2019

CROSS PORTOMARÍN - TROFEO VERXEL - CTO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5000 FEMININO 2 inscritos 12:10 5 km 28/11/2019 3,00 plazas
5000 MASCULINO 5 inscritos 12:40 5 km 28/11/2019 3,00 plazas
Inscribirme Total: 7 inscritos
O Club Verxel Nutrición Deportiva organiza o I Cross de Portomarín - IV Trofeo Verxel Nutrición Deportiva - Cto Provincial de cross. A proba organizarase o vindeiro Domingo 01 de decembro de 2019, na localidade de Portomarín, no circuíto do embalse.

Participación: A proba de adultos estará aberta a todos/as os/as atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. 
Inscricións: Ata o xoves día 28 de novembro ás 23:59 horas. 
Retirada de Dorsais: Os dorsáis poderanse retirar o día antes na tenda DECATHLON de LUGO (sita no Polígono das Gándaras) en horario de 09:30 a 21:00h e o día da proba da proba na zona habilitada ata 45’ antes da saída de cada proba.
Premios: 
  • Premiación aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
  • Premiación aos tres primeiros clasificados de cada categoría na proba popular tanto masculinos como femininos.
  • A entrega de premios será aproximadamente, ás 13.00h.
Servizos para os participantes: 
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Vestiarios, baños e duchas no pavillón deportivo, a escasos metros do circuíto.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
5. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Información complementaria: 100 prazas no albergue Municipal gratuíto o día anterior á proba, reserva en: crossverxel@gmail.com

Organiza: Verxel Nutrición Deportiva. 
Colaboran: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo), Concello de Portomarín, Xunta de Galicia