MAPA DA ANDAINA
MAPA DE SERVIZOS
A Asociación de Veciños “Os Irmandiños” de O Val e o Club Atletismo Narón en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón e a Asociación Nosa Señora de Chamorro, organizan a primeira edición da I Carreira e Andaina Solidaria Senda Ártabra (pola saúde cardiovascular) o vindeiro domingo 13 de outubro, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Ferrol. É unha proba incluída no Calendario Oficial da FGA coa distancia non homologada. A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non, indepentemente da súa idade
O obxectivo primordial deste evento é o conseguir o finanzamento necesario para conseguir un desfibrilador para o Local Social do Val a través da adquisición de pulseiras solidarias pertencentes ao Proyecto Salvavidas incluídas na cota de inscrición.
Inscricións: Ata ás 23:59 horas do mércores 9 de outubro. Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día da proba.
A recadación irá destinada á adquisición dun desfibrilador para o local social do Val. Se houbese maiores beneficios, estes serán destinados a unha ONG comarcal.
Retirada de dorsais: efectuarase nun punto de recollida situado nas instalacións de Decathlon Ferrol (Estrada de San Pedro s/n. 15405. Ferrol) o Venres 11 de Outubro en horario de 18:00 a 21:00 horas e o Sábado día 12 en horario de 10:00 a 13:00 horas. O mesmo día da proba tamén se poderá efectuar a retirada do dorsal na secretaría ubicada nas inmediacións da saída, dende as 09:00 h ata media hora antes de cada proba. O dorsal estará situado no peito e terá que ser visible ao longo de toda a proba.
Horario
10:00 h Adultos 2003 e anteriores 6.8 km aprox.
10:05 h Andaina Todas as idades 5 Km aprox.
10:45 h Sub 14 e Sub 16 2007 – 2006 e 2005 - 2004 1.000 m aprox.
11:00 h Sub 12 2009 - 2008 500 m aprox.
11:15 h Sub 10 2011 - 2010 500 m aprox.
11:25 h 2012 - 2013 100 m aprox.
11:30 h Pitufos 2014 e posteriores 50 m aprox.