Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Cospeito, domingo 05 maio 2019

I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE COSPEITO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
14 KM 26 inscritos 11:00 14 km 02/05/2019 2,00 plazas
PROMESA 5 inscritos 12:40 1,5 km 02/05/2019 0,00 plazas
SUB 14 1 inscritos 12:40 1,5 km 02/05/2019 0,00 plazas
SUB 12 2 inscritos 12:40 1,5 km 02/05/2019 0,00 plazas
PROMOCIÓN 6 inscritos 12:35 0,6 km 02/05/2019 0,00 plazas
PITUFOS 5 inscritos 12:30 0,15 km 02/05/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 45 inscritos
O Concello de Cospeito organiza a I Carreira Popular Concello de Cospeito. A proba organizarase o vindeiro Domingo 5 de Maio, con saída en Muimenta e discorrerá por vias asfaltadas e de terra, a meta será no núcleo poboacional de Feira do Monte.

Inscricións: Ata o xoves 2 de maio ás 23:59 horas. A contía recaudada irá destinada á Asociación Española contra o cancro AECC.
Retirada de Dorsais: Retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización (diante da Casa do Concello), ata 45’ antes da saída de cada proba, de onde sairán os buses cara a saída da proba.

Premios:
  • Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
  • Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos.
  • Trofeo ao primeiro atleta empadroado en Cospeito tanto en categoría masculina coma feminina.
  • Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
  • Nas carreiras de menores daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
  • A entrega de premios será diante da Casa Consistorial, aproximadamente, ás 12.45h.

Servizos para os participantes: Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha identificación, e un vehículo a transportará ata a liña de meta.
4. Servizo de autobuses. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de autobuses comezará ás 10h, sendo o último servizo ás 10.30h. Prégase a todos os participantes que non esperen ao último servizo posto que poderán ir abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.
5. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
6. Vestiarios e duchas no pavillón municipal en Feira do Monte.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5, e no km 10 para a carreira de adultos.
9. Zona de lecer para os nenos, delimitada, con monitores, para que os pais poidan desfrutar da súa carreira.
10. Os participantes na carreira poderán desfrutar dun pequeno convite ao rematar as carreiras mentres se realiza a entrega de premiación.
11. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será  para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).         

Colaboran:  Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo). 
           Clube Ciclista BTT Lagoa de Cospeito
                        Gamesport (Xestión e Servicios)
        Autocares SusoVigo
        Autocares Darriba
        C.D. Cospeito
        S.D Muimenta