Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Toques, domingo 10 marzo 2019

I CROSS DE SAN CIDRE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10 KM 9 inscritos 10:30 10 km 03/03/2019 6,00 plazas
08/03/2019 10,00
SUB 18 2 inscritos 10:45 1,2 km 08/03/2019 0,00 plazas
SUB 16 1 inscritos 10:45 1,2 km 08/03/2019 0,00 plazas
SUB 14 2 inscritos 10:45 1,2 km 08/03/2019 0,00 plazas
SUB 12 0 inscritos 12:30 0,8 km 08/03/2019 0,00 plazas
SUB 10 0 inscritos 12:30 0,8 km 08/03/2019 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 0 inscritos 12:45 0,4 km 08/03/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 14 inscritos
O Concello de Toques, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, organizará o domingo 10 de MARZO de 2019 a partir das 10:30 horas da mañá, a I edición do CROSS SUBIDA A SAN CIDRE. As probas estarán baixo o control técnico do comité de xuices da Federación Galega de Atletismo.

O Cross de San Cidre é unha carreira de monte e pistas forestais con dúas distancias e categorías.
A saída de todas as probas estará ubicada no Lugar Souto, 14, no Concello de Toques. 


A proba (Subida a San Cidre de 10 km) transcorrerá 100% polo monte da Grela e de Buxán, con saída e chegada no mesmo emprazamento (Lugar de Souto, 14, no Concello de Toques) e cun desnivel acumulado de 335 metros aproximadamente (de subida e baixada), desde o inicio ata o punto máis alto da proba, sito no Cruceiro de San Cidre; así mesmo a orografía e posible climatoloxía adversa farán que sexa unha proba esixente para a cal requírese unha boa preparación. 
As probas para menores de idade terán lugar no interior do recinto escolar, mediante un circuito pechado e marcado formando un percorrido de 400 metros aproximadamente.

Avituallamentos: A organización habilitará 1 avituallamento no percorrido, concretamente ao chegar ás inmediacións da Ermida de San Cidre, e outro máis na zona de meta (para a proba de 10 km). Neles os participantes poderán fornecerse de auga, bebida isotónica, comida e froita, ademáis doutros produtos proporcionados pola organización.
Para as probas de menores de 18 anos haberá só avituallamento en meta.

Inscrición: ata o día 8 de marzo de 2019 ás 23:59 horas.  
Recollida de dorsais: realizarase no polideportivo municipal de Toques (preto da Saída/meta) o mesmo día das carreira proba a partir das 09:30 horas e ata media hora antes do inicio de cada proba.