Pontevedra, domingo 08 marzo 2020

I MARCHA - CARRERA POR LA IGUALDAD CIUDAD DE PONTEVEDRA

REGULAMENTO EN CASTELÁN

Pontevedra será a décimo séptima cidade encargada de acoller o Tour Universo Muller. A cidade pontevedresa converterase na capital nacional do deporte coa celebración desta gran festa do deporte feminino impulsada polo Consello Superior de Deportes, Fundación Deporte Novo e Iberdrola.

Unha das actividades centrais deste evento, será a celebración da Carrera “Pontevedra en forma pola igualdade”. Trátase dunha marcha/carreira solidaria que percorrerá os principais puntos da cidade cun percorrido de 5km.

O obxectivo principal da carreira é sumarse ao obxectivo global do Tour Universo Muller: fomentar o deporte e a igualdade a través do papel da muller na sociedade co deporte como principal instrumento.

Nesta ocasión, a carreira realizarase o domingo 8 de marzo con saída ás 11.00 h desde a Praza de España. O percorrido urbano terá unha extensión de 5km totalmente adaptados a todos os participantes, pois sen límite de idade e capacidades, os participantes poderán realizar a carreira en forma de marcha ou carreira.

O prezo de inscrición ten un custo simbólico de 4€ (+0,40 € por gastos de inscrición online). A carreira será solidaria, polo que toda a recadación irá destinada a unha asociación social pontevedresa.

Por último, haberá tres categorías de premios, Absoluta ( M e F) onde se inclúen todas as categorías, Infantil ( M e F) de 12 a 17 anos e Ambulantes ( M e F) calquera discapacidade, handbike e cadeira de rodas. Todos os participantes recibirán coa súa inscrición unha camiseta conmemorativa do evento e unha bolsa do corredor con produtor dos principais colaboradores da actividade.

LIGAZÓN DE INSCRICIÓN (AQUÍ)