Miño, domingo 05 setembro 2021

I TRAIL CONCELLO DE MIÑO - BOUCELO SAN RAMÓN

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL LONGO 61 inscritos 09:00 27,64 km 27/08/2021 18,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 61 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL CURTO 191 inscritos 09:30 16,7 km 27/08/2021 12,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 191 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 108 inscritos 09:40 7,63 km 27/08/2021 6,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 108 inscritos
XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

O concello de Miño, xunto co Club Trail Running Galea Sport, organizan o I Trail  "Concello de Miño" Boucelo – San Ramón, no concello de Miño (provincia de A Coruña), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.
Este ano o trail apoia á asociación querENDO, mulleres con endometriose para visibilizar esta doenza que padecen máis de 60.000 mulleres galegas.
A endometriose é unha doenza inflamatoria estróxeno-dependente de orixe descoñecida que consiste na implantación e crecemento benigno de tecido similar ao endometrial fóra do útero, principalmente na área pélvica e ovarios, pero que tamén se pode extender a outras zonas e órganos. Calcúlase que afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil e o seu síntoma principal é unha dor de regra incapacitante".

LUGAR DA PROBA: A proba, para todas as distancias, realizarase integramente no municipio de Miño, con saída e chegada na área deportiva de “A Galea”.
A área deportiva de “A Galea” dispón de espazo de aparcadoiro para os participantes e espazo para a colocación dos servizos anexos á proba como recollida de dorsais, avituallamentos, e aseos portátiles.
Os circuíto discorren case na súa totalidade por camiños e sendas naturais do concello de Miño, con saída e chegada na área deportiva de A Galea.
Os circuítos estarán abertos á circulación pero completamente vixiados pola Policia Municipal e Protección Civil do Concello de Miño, que regularán o tráfico nos cruces mais importantes e evitando o acceso destes vehículos cando os participantes fagan uso de vías principais.
É importante destacar que a carreira case non utiliza estas vías, sendo o 95% do seu recorrido por camiños nos accesibles ao tráfico.
PARTICIPANTES: A proba estará aberta a todas as persoas que desexen participar, xa sexan atletas federadas ou non, e o seu carácter será popular, independentemente do sexo ou a nacionalidade.
INSCRICIÓNS: Pecharán o venres 27 de agosto.
RETIRADA DE DORSAIS: Os participantes poderán recoller os dorsais na tenda Dequip Miño nos seguintes días e horarios:
Tenda Dequip Miño c/ Galea, 10, baixo (Miño) 03 de setembro (Venres): 17:00 – 20:30 e 04 de setembro (Sábado): 10:00 – 14:00
Ademais, o día da propia carreira, poderán recollerse os dorsais no posto habilitado na zona de saída / chegada, a partir das 7:30 h. pola mañá ata as 08:45 h.