Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Pobra do Caramiñal, sábado 19 xaneiro 2019

I TROFEO BARBANZA DE ATLETISMO EN RUTA - CARREIRAS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
3 KM 49 inscritos 20:10 3 km 17/01/2019 3,00 plazas
SUB 14 - SUB 16 14 inscritos 20:00 2 km 17/01/2019 0,00 plazas
SUB 10 - SUB 12 32 inscritos 19:50 1 km 17/01/2019 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 10 inscritos 19:40 0,25 km 17/01/2019 0,00 plazas
Inscrición pechada Total: 105 inscritos
O sábado 19 de xaneiro de 2019 lugar no Concello da Pobra do Caramiñal o I TROFEO BARBANZA DE ATLETISMO EN RUTA 2019. 
Tamén celebrarase o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA 2019.

As probas do trofeo consistirán en carreiras (non marcha) de distancias de 1, 2 e 3 km respectivamente e poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como populares non federados/as. 

As probas do Campionato de Galicia disputaranse na modalidade de marcha en ruta e están reservadas exclusivamente para atletas con licencia federativa en vigor (Circular do Campionato de Marcha)

Os circuitos están homologados pola Real Federación Española de Atletismo. 
Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo

INSCRICIONS: O prazo de inscrición do Trofeo Barbanza de Atletismo en Ruta permanecerá aberto ata o xoves 17 de xaneiro ás 23:59 horas.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais de competición poderán recollerse na zona de secretaria próxima a Praza Alcalde Segundo Durán da Pobra do Caramiñal ata media hora antes do inicio de cada carreira.
SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS: A saída e meta das probas estará na zona próxima a Praza Alcalde Segundo Durán na Pobra do Caramiñal.
SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS: Haberá servizo de duchas e vestiarios no Edificio de Usos Náuticos.
PREMIOS E AGASALLOS
A entrega  de trofeos realizarase na Praza Alcalde Segundo Durán a partir das 20:30h.
I Trofeo Brabanza de Atletismo en ruta:
  • Medallas e trofeos aos/as tres primeiros/as  clasificados/as de cada categoría establecida no presente reglamento agás na categoría prebenxamín que non haberá premiación.
  • Medallas a todos os participantes na proba prebenxamín (nesta proba non se fará clasificación).