Narón, domingo 09 febreiro 2020

I TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE NARÓN DE CAMPO A TRAVÉS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS/AS 73 inscritos - 10 km 07/02/2020 3,00 plazas
SUB 23 6 inscritos - 10 km 07/02/2020 3,00 plazas
SUB 20 10 inscritos - 5,5 km 07/02/2020 1,00 plazas
SUB 14, SUB 16 E SUB 18 48 inscritos 11:30 2,7 km 07/02/2020 1,00 plazas
SUB 10 E SUB 12 62 inscritos 11:40 1 km 07/02/2020 1,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 199 inscritos

Organizan: O Club Atletismo Narón e o Concello de Narón.

A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non, O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. As carreiras Sub, 20, Sub 23 e adultos serán de forma conxunta co Campionato de Galicia de Campo a Través.

Inscricións populares: A través da páxina www.carreirasgalegas.com, rematando o prazo ás 23:59 horas do venres 7 de febreiro.

Saída: No paseo marítimo de Xuvia (Narón) 

Horario

  • Adultos Mulleres 1997 - E posteriores 11:50 h 10.000 m aprox
  • Adultos Homes 1997 - E posteriores 12:55 h 10.000 m aprox
  • Sub 23 Mulleres 1998 - 1999 - 2000 11:50 h 10.000 m aprox.
  • Sub 23 Homes 1998 - 1999 - 2000 12:55 h 10.000 m aprox.
  • Sub 20 Mulleres 2001 - 2002 10:30 h 5.500 m aprox.
  • Sub 20 Homes 2001 - 2002 11:05 h 5.500 m aprox.
  • Sub 18 2003 - 2004 11:30 h 2.700 m aprox.
  • Sub 16 2005 - 2006 11:30 h 2.700 m aprox.
  • Sub 14 2007 – 2008 11:30 h 2.700 m aprox.
  • Sub 12 2009 - 2010 11:40 h 1000 m aprox.
  • Sub 10 2011 - 2012 11:40 h 1000 m aprox.
  • ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 14:00 horas aprox

Retirada de Dorsais: Será o mesmo día da proba na secretaría ubicada nas inmediacións da saída das carreiras, ata media hora antes de cada proba. O dorsal estará situado no peito e terá que ser visible ao longo de toda a proba.

PREMIOS ECONÓMICOS: Só poderán optar a estes premios os/as atletas que fixeran a súa inscrición a través de carreirasgalegas.com. Polo que os participantes do Campionato que queran optar aos premios deberán tamén facer a súa inscrición popular.