Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Castro de Rei, domingo 13 xaneiro 2019

II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CASTRO DE REI

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 13 inscritos 10:45 16 km 31/12/2018 3,00 plazas
10/01/2019 5,00
SUB 12, 14, 16, 18-20 5 inscritos 12:40 2 km 10/01/2019 0,00 plazas
PROMOCIÓN 4 inscritos 12:35 0,4 km 10/01/2019 0,00 plazas
PITUFOS 2 inscritos 12:30 0,15 km 10/01/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 24 inscritos
O Concello de Castro de Rei organiza a II Carreira Popular Concello Castro de Rei. A proba organizarase o vindeiro Domingo 13 de Xaneiro, con saída na Casa do Concello e discorrerá por vias da Deputación de Lugo, a meta será no núcleo poboacional de Castro Riberas de Lea.

A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a sua responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.

INSCRICIÓN: pecharase o xoves 10 de xaneiro ás 23:59 horas. 
RETIRADA DE DORSAIS: Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización (indicar zona), ata 45’ antes da saída de cada proba.
SERVIZOS: 
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha identificación, e un vehículo a transportará ata a liña de meta.
4. Servizo de autobuses: A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de autobuses comezará ás 09.50h, sendo o último servizo ás 10.20h. Prégase a todos os participantes que non esperen ao último servizo posto que poderán ir abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.
5. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
6. Vestiarios e duchas no pavillón municipal, a escasos 300m da liña de meta.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5, 9 e 12 para a carreira de adultos.
9. Zona de lecer para os nenos, delimitada, con monitores e hinchables, para que os pais podan desfrutar da súa carreira.
10. Ambulancia

PREMIOS
  • Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta. 
  • Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos. 
  • Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións. 
  • Na categoría de PROMOCIÓN daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
  • A entrega de premios será na zona de meta, no caso que a climatoloxía o impida farase no pavillón municipal e comezará, aproximadamente, ás 13.00h.