Xinzo de Limia - Sandiás, domingo 26 xaneiro 2020

II CROS ANTIOQUIA 2020

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA FEMININA 20 inscritos 11:30 6 km 23/01/2020 5,00 plazas
ABSOLUTA MASCULINA 57 inscritos 12:15 6 km 23/01/2020 5,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 77 inscritos
O Cross de Antioquía está organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva contando coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, Concello de Sandiás, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense, Hipódromo de Antela e da Federación Galega de Atletismo. Celebrarase o domingo 26 de xaneiro de 2020 nas instalacións do Hipódromo de Antela e está incluido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

  • A participación está aberta a atletas federados e non federados, con excepción dos atletas españois con axuda económica da RFEA e atletas estranxeiros que houberan feito durante a presente tempada ou nas dúas anteriores, unha marca dun valor de 950 puntos ou superior na táboa IAAF vixente (como se detalla no artigo 3.4 do regulamento das competicións da RFEA), salvo permiso expreso concedido. Este punto non é aplicable para atletas (españois ou estranxeiros) con licenza FGA.
INSCRICIÓNS: Ata as 23:59 h do xoves 23 de xaneiro.
RETIRADA DE DORSAIS: Efectuarase na secretaría de competición o día 26 de xaneiro a partir das 10:00.

IMPORTANTE: A organización poderá facer unha soa carreira (masculina e femenina) no caso de que a participación femimina non supere as 25 atletas. Neste caso sería ás 12:15 h, con saída conxunta, e notificarase na web de inscricións e nas redes sociais da A. D. Limiactiva coa suficiente antelación.