Arzúa - O Pino, domingo 08 xullo 2018

II EDICIÓN DO MEDIO MARATÓN - O GRAN CAMIÑO

Os Concellos de Arzúa e O Pino organizarán o domingo 8 de xullo de 2018 a II edición do Medio Maratón “O Gran Camiño”, proba que terá unha distancia aproximada de 21.097,50 metros (proba NON homologada). A proba dará comenzo ás 10:00 horas da mañá e transcorrirá polo “Camiño de Santiago” íntegramente.

  • Circuíto: A saída estará ubicada na localidade de Arzúa, antepenúltimo punto do Camiño Francés a Santiago de Compostela. A meta estará ubicada na localidade de Arca-Pedrouzo (lugar de Lameiro a carón da Piscina Municipal). O circuito transcurrirá pola penúltima etapa do Camiño de Santiago.  
  • Peche de control da carreira : O peche de control da proba realizarase ás 12:45 horas (2 horas e 45 minutos despois da súa saída). Pasado este tempo correspondente, o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuito oficial de competición.
  • Inscricións: Estarán abertas ate o 5 de xullo ás 14:00 horas non admitíndose inscricións fora do prazo establecido nin o día da proba.
  • Avituallamentos: Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido aproximadamente nos puntos kilométricos 5, 10, 15 e Meta para favorecer a hidratación dos participantes. Estos puntos poderán moverse levemente dos puntos kilométricos indicados en función da orografía do percorrido. 
  • Outros servizos: Haberá servizo de duchas e vestiarios no polideportivo municipal de Lameiro (a carón da meta) desde ás 09.00 ata as 14.30 horas da tarde.

A organización porá a disposición dos participantes avituallamentos intermedios e na meta, servizo de guardarroupa na zona de saída e meta que trasladará á zona de meta todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de SAIDA. 

OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE O LUGAR DE META (AREA RECREATIVA DE LAMEIRO A CARÓN DA PISCINA MUNICIPAL DE ARCA-PEDROUZO) CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 08.15 HORAS DA MAÑÁ E EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA UBICADA NO CAMIÑO DE SANTIAGO EN ARZÚA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 09.30 HORAS. PREGASE NON DEIXAR O TRANSPORTE PARA A ÚLTIMA VIAXE