Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Monterroso, luns 31 decembro 2018

II SAN SILVESTRE CONCELLO DE MONTERROSO 2018

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 69 inscritos 17:00 5,5 km 28/12/2018 0,00 plazas
SUB 12, 14 E 16 9 inscritos 16:45 1 km 28/12/2018 0,00 plazas
PROMOCIÓN 8 inscritos 16:35 0,4 km 28/12/2018 0,00 plazas
PITUFOS 7 inscritos 16:30 0,15 km 28/12/2018 0,00 plazas
Inscribirme Total: 93 inscritos
O Concello de Monterroso organiza a II San Silvestre de Monterroso. A proba organizarase o vindeiro 31 de decembro, con saída e meta na cúpula e discorrerá por distintas rúas da vila.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. 

Inscricións:  ata o VENRES 28 de decembro ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fora de prazo.

A proba terá carácter SOLIDARIO sendo os dereitos de inscripción GRATUÍTOS, mais cada participante deberá colaborar cunha ración de alimentos non perecedoiros (preferentemente productos de nadal, aceite, azúcar, sal, fariña, maizena, cereais, conservas ou chocolate) ou cun xoguete que será doado ao Banco de alimentos e xoguetes do Concello de Monterroso.
 
Retirada de Dorsáis:
  • O venres día 28 no Espazo Lorenzo Varela en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00 (de aqueles atletas que formalizasen a súa inscipción antes do mercores as 23.59h)
  • O día da proba no Espazo Lorenzo Varela en horario de 10:00 a 14:00, ou pola tarde, na zona habilitada pola organización (na cúpula), entre as 15:00 e as 16:30, para o resto de participantes.
Premios:
  • Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta
  • Trofeo aos primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos, e medalla conmemorativa ao segundo e terceiro.
  • Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
  • Nas categorías PROMOCIÓN, SUB 12, SUB 14 e SUB 16 daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo ao primeiro clasificado tanto masculino co feminino, e medalla conmemorativa ao segundo e terceiro..
  • Trofeo ao corredor/a ca vestimenta máis orixinal 
  • A entrega de premios será na zona de meta, na cúpula, en torno ás 18.20h.
Servizos:
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
4. Vestiarios e duchas na cúpula.
5. Avituallamento na zona de saída da proba (cúpula).
6. Chocolatada ao finalizalas diferentes probas.
7. Co dorsal entrarase en sorteos de material deportivo que se farán durante o tempo que duren as probas.
8. Ambulancia.