Ordes, domingo 30 decembro 2018

II SAN SILVESTRE ORDES, CORRE E ANDA!

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CORRE E ANDA 482 inscritos 12:00 3,7 km 27/12/2018 0,00 plazas
Inscrición pechada Total: 482 inscritos

O Concello de Ordes e Club de Atletismo A Silva-Ordes celebra a II edición da San Silvestre non competitiva, o domingo 30 de decembro de 2018 na localidade de Ordes baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte: 

Poderá participar calquera persoa federada ou non federada, independentemente da súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen clasificación ou resultado algún. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

PERCORRIDO: Saída e meta na rúa Entreparques, cunha distancia de 3,7 km aporximadamente.
INSCRICIONS: O prazo de inscrición rematará o xoves 27 de decembro de 2018 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
DORSAIS: Os dorsais recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN a carón da SAIDA ata MEDIA HORA antes do inicio da proba.
PARTICIPACIÓN: Os inscritos doarán alimentos ou outros produtos non perecedoiros a Cáritas Ordes, asemade de xogos e/ou xoguetes (novos, non sexistas e non belicosos) a Cruz Vermella, ambos situados nos postos correspondentes a tal fin ao carón da saída.