Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Ourense, domingo 24 febreiro 2019

III ANDAINA DE OURENSE C.F.

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 16 inscritos 10:00 12 km 21/02/2019 5,00 plazas
ANDAINA MENORES 8 inscritos 10:00 12 km 21/02/2019 5,00 plazas
Inscribirme Total: 24 inscritos
O Ourense Club de Fútbol,  SAD, mercé ao acordo de colaboración subscrito con Cruz Vermella Ourense, celebrará enmarcada dentro do seu programa social “Ourense de dez”, a terceira edición da súa  andaina solidaria, que terá lugar o domingo día 24 de febreiro de 2019 en Ourense. 
Indicar que esta proba está catalogada como proba oficial da Federación Galega de Atletismo. 

CIRCUÍTO: O circuíto que se estenderá na contorna das marxes do Río Miño, constará dun trazado dun 12 Km aproximadamente, estando situada a saída e a meta na zona de  Oira, fronte ao restaurante  Oira Praia. 

DESENVOLVEMENTO DA  ANDAINA: A saída da  andaina será ás 10:00. Todos os participantes deberán situarse na liña de saída 5’ antes da hora prevista co dorsal debidamente colocado. 
Darase por finalizada a  andaina coa chegada do último participante ou ao cumprirse as 3 horas desde o inicio da proba.
Ao tratarse dunha proba non competitiva non se confeccionará ningún tipo de clasificación.

RETIRADA DE DORSAIS:  poderá realizarse na semana previa ao evento, nas oficinas do Ourense  C. F, en horario de 17:00 a 21:00 horas.
Agradeceríase que a retirada se realizase entre o luns e o venres anterior á carreira. Quen non poida retirar o seu dorsal eses días, poderá recollelo na saída da  andaina o mesmo día 24 de febreiro ata unha hora e media antes do comezo da mesma.