Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Lugo, domingo 01 marzo 2020

III CARREIRA POPULAR CAMPUS TERRA LEYMA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
7,4 KM ADULTOS 14 inscritos 12:00 7,4 km 26/02/2020 5,00 plazas
SUB 18 1 inscritos 12:00 7,4 km 26/01/2020 0,00 plazas
SUB 16, 14 e 12 1 inscritos 11:50 1,63 km 26/02/2020 0,00 plazas
PROMOCIÓN 5 inscritos 11:40 0,4 km 26/02/2020 0,00 plazas
PITUFOS 2 inscritos 11:30 0,15 km 26/02/2020 0,00 plazas
Inscribirme Total: 23 inscritos
O Servizo de deportes da Universidade de Santiago de Compostela organiza a III Carreira Popular Campus Terra Leyma. As probas terán lugar o próximo domingo día 1 de marzo ás 11:30 horas, con saídas e chegadas no Estadio de atletismo Gregorio Pérez Rivera.
  • As probas estarán abertas a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
  • Nas probas de categorías inferiores, o circuíto serán as propias pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera. O circuíto para as probas de Sub 12 a Adultos, será sobre asfalto e terra e estará pechado a todos os vehículos, agás os autorizados pola organización, o recorrido estará controlado por vehículos da organización. 
Inscricións:  Ata o mércores día 26 de febreiro ás 23:59 horas. 
Retirada de Dorsais: Os dorsais retiraranse o día anterior á proba no Edificio da Biblioteca Intercentros do Campus Terra de Lugo, dende as 16.00 h. até as 20.00 h;  e só se poderán retirar o mesmo día da proba aqueles que non sexan do Concello de Lugo, na zona habilitada pola organización, até media hora antes da saída de cada proba.
Premios: 
  • Todos os participantes recibirán unha camiseta técnica que pregamos leven posta o día da proba.
  • Haberá un trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo.
  • A entrega de premios será no Estadio Gregorio Pérez Rivera e será a partir das 12.00 as probas menores, e a proba longa aproximadamente ás 13.00h.
  • Haberá unha clasificación individual universitaria con premios para as 3 mellores mulleres e homes, (terán consideración universitaria o alumnado, o PAS e o PDI)
Servizos para os participantes:
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Servizos na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no propio Estadio.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Avituallamento líquido no km 4 da proba.
7. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).