XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL
O Concello de Castro de Rei organiza a III Carreira Popular Concello Castro de Rei. A proba organizarase o vindeiro Domingo 12 de Xaneiro, con saída na Casa do Concello e discorrerá por vías da Deputación de Lugo, a meta será no núcleo poboacional de Castro Riberas de Lea.
Participación: A proba estará aberta a todos/as os/as atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Percorrido: O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. o recorrido estará controlado por vehículos da organización. O percorrido estará sinalizado en cada punto quilométrico.
A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta no núcleo de Castro Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende o Pavillón municipal de Castro Riberas de Lea ata á saída na Casa do Concello de Castro de Rei.
O servicio de autobuses comezará ás 09.30, sendo o último servizo ás 10.00h
Peche de control: O control de chegada na proba absoluta pecharase 100’ despois da saída da mesma.
Inscrición: Ata o mércores 08 de xaneiro ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións o día da proba.
Retirada de Dorsais: Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización (Pavillón municipal), ata 45’ antes da saída de cada proba, de onde sairán os buses.
Premios:
- Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
- Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
- Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
- Nas categoría dende PROMOCIÓN ata SUB 18 darase medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
- A entrega de premios será na zona de meta e comezará, aproximadamente, ás 12.45h.
Servizos para os participantes:
- Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
- Baños na zona de saída-chegada.
- Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha identificación, e un vehículo a transportará ata a liña de meta.
- Servizo de autobuses. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de autobuses comezará ás 09.30h, sendo o último servizo ás 10.00h. Prégase a todos os participantes que non esperen ao último servizo posto que poderán ir abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.
- Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
- Vestiarios e duchas no pavillón municipal, a escasos 300m da liña de meta.
- Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
- Pinchos e bebidas ao final das carreiras de menores para todos os participantes.
- Avituallamento líquido no km 5, 9 e 12 para a carreira de adultos.
- Zona de lecer para os nenos, delimitada, con monitores e inchables, para que os pais podan desfrutar da súa carreira.
- Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).