Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Desexo facer un donativo para a asociación colaboradora da carreira:

Dorsal 0 Grazas á túa axuda levamos recadados: €132,00

Cambre - Culleredo, domingo 13 outubro 2019

III CARREIRA SOLIDARIA PARA AS FAMILIAS DESFAVORECIDAS DE CAMBRE - FUNDACIÓN ADRA. I LEGUA RUTA DOS TEMPLARIOS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 11 inscritos 10:30 5,6 km 09/10/2019 7,00 plazas
SUB 14 E SUB 16 1 inscritos 11:30 1,64 km 09/10/2019 2,00 plazas
SUB 10 E SUB 12 2 inscritos 11:45 0,82 km 09/10/2019 2,00 plazas
PEQUERRECHOS 8 inscritos 11:55 0,1 km 09/10/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 22 inscritos
A fundación ADRA en colaboración cos Concellos de Cambre e Culleredo, organizan a segunda edición da Carreira solidaria para as familias desfavorecidas de Cambre o vindeiro domingo 13 de outubro, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en A Coruña.
É unha proba incluída no Calendario Oficial da FGA coa distancia non homologada.
A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non, indepentemente da súa edade cunha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

SAÍDA: Desde o paseo marítimo do Temple (Cambre) en fronte ao antigo Centro de Saúde. 
O percorrido será ao longo do paseo marítimo do Burgo (Culleredo) e o paseo marítimo do Temple (Cambre). Sendo a primeira Legua da Ruta dos Templarios.
INSCRICIÓNS: Ata ás 23:59 horas do mércores 9 de outubro. Non poderán tramitarse incricións o mesmo día da proba.
RETIRADA DE DORSAIS: A retirada de dorsais será o mesmo día da proba na secretaría ubicada nas inmediacións da saída das carreiras, dende as 8:45h ata media hora antes de cada proba. 
SERVIZOS: A organización dispondrá a asistencia sanitaria con ambulancia. Ó finalizar cada carreira haberá servicio de avituallamento para cada participante. A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
O corredor disporá de servizo de duchas e vestiarios no Pavillón do Graxal.