Miño, domingo 09 xuño 2019

III CARRERA POPULAR "PLAYA DE MIÑO"

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10 KM 157 inscritos 11:10 10 km 05/06/2019 7,00 plazas
SUB 18 E SUB 16 4 inscritos 10:00 3 km 05/06/2019 2,00 plazas
SUB 14 17 inscritos 10:20 2 km 05/06/2019 2,00 plazas
SUB 12 25 inscritos 10:35 1 km 05/06/2019 2,00 plazas
SUB 10 43 inscritos 10:45 0,7 km 05/06/2019 2,00 plazas
PREBENXAMÍN 49 inscritos 10:55 0,1 km 05/06/2019 2,00 plazas
BIBERÓN 48 inscritos 10:55 0,1 km 05/06/2019 2,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 343 inscritos
O Galea Sport Karate Clube organiza a III Carreira Popular 10K "Praia de Miño" no concello de Miño (provincia de A Coruña) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en A Coruña.

  • A proba, tanto para as categorías menores como para a categoría absoluta, realizarase nas proximidades da praia de Miño, na costa do municipio de Miño.
  • O circuíto discorre por asfalto e o acceso a el estará completamente pechado a todos os vehículos, agás os autorizados pola organización.
  • A proba estará aberta a todas as persoas que desexen participar, xa sexan atletas federadas ou non, e o seu carácter será popular, independentemente do sexo ou a nacionalidade.
INSCRICIÓNS: As inscricións a través da web pecharán o mércores 5 de xuño.
RETIRADA DE DORSAIS: Os participantes poderán recoller os dorsais na tenda Galea Sport Miño nos seguintes días e horarios:
R/ Galea, 10, baixo (Miño) 07 de xuño (Venres): 17:00 – 20:30
                                08 de xuño (Sábado): 10:00 – 14:00
Ademais, o día da propia carreira, poderán recollerse os dorsais no posto habilitado na zona de saída / chegada na praia de Miño, a partir das 9:00 h. pola mañá ata as 10:30 h.

TROFEOS E PREMIOS
  • Todas as nenas e nenos que participan nas categorías de biberón e prebenxamín, así como no resto das categorías menores, recibirán unha medalla ao final da proba.
  • Todos os participantes da categoría absoluta recibirán unha camiseta como recordo do evento.
  • As tres primeiras persoas (homes e mulleres) clasificadas en todas as categorías agás Pitufos e Prebenxamíns recibirán un trofeo..
Tamén haberá un trofeo para a primeira muller clasificada e para o primeiro home clasificado censados no municipio de Miño.
Os trofeos entregaranse na área de saída / chegada a partir das 12:30 da mañá.
SERVIZOS: 
  • Duchas e Vestiarios: Ao final das carreiras, os corredores dispoñerán de duchas e vestiarios no Pavillón Municipal do Deporte do municipio de Miño.
  • O inicio e finalización da carreira estará situado na recta da praia de Miño, nas proximidades da saída da autoestrada AP-9.
  • O espazo para o aparcadoiro estará dispoñible debidamente sinalizado nas proximidades da saída / chegada, así como as duchas no Pavillón Municipal do Deporte do Concello de Miño.
  • Os baños existentes na praia de Miño estarán habilitados para o seu uso durante a celebración das diferentes probas.
  • No posto de recollida do dorsal na zona de saída / chegada estará dispoñible un servizo de gardarroupa.