Arzúa, sábado 14 setembro 2019

III CLÁSICA TGM-TOLDOS GÓMEZ ARZÚA 2019

O sábado 14 de setembro de 2019 celebrarase a III edición da clásica “Toldos Gómez” 2019, carreira popular que organizarán conxuntamente a empresa “Toldos Gómez”, o Concello de Arzúa e a Federación Galega de Atletismo. 
As probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e rexiranse polo seguinte:

Lugar de saída e meta das probas:
As probas terán a súa saída e meta na “Praza de Galiza” na localidade de Arzúa. Ubicación da mesma:  (Aquí). 
Inscricións: O prazo de inscrición abrirase o venres 19 de xullo e pecharase o mércores 11 de setembro ás 23:59 horas.
Retirada dorsais e chips:
No lugar de saída / meta das probas (Praza de Galiza) a partir das 17:00 horas da tarde e ata 30 minutos antes do inicio de cada proba en cuestión.
Servizos
  • Duchas e vestiarios no Polideportivo Municipal de O Viso
  • Servizo de gardarroupa
  • Avituallamento final para todas as categorías e no punto kilométrico 5 para a  proba de 10 km.
Premios e agasallos:
Todos os participantes inscritos en tempo e prazo na proba recibirán un agasallo técnico de organización. A maiores outorgaranse os seguintes trofeos:
  • Trofeo ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría establecida no presente regulamento, agás na categoría pitufo que non haberá clasificación nin premiación.
  • Medallas a todas/os as/os participantes na categoría pitufo. Outorgaráselle unha vez crucen a liña de meta.
  • Trofeo especial ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os da proba absoluta e ós 3 mellores equipos da clasificación final.
  • Premio especial ao primeiro/a clasificado/a de cada cateogoría establecida no presente regulamento consistente nun QUEIXO ARZÚA-ULLOA D.O.P. de Bama.
  • PREMIOS ECONÓMICOS