Val do Dubra , domingo 15 decembro 2019

III DUBRA TRAIL

O clube Dubra Team organizará, coa colaboración do Concello de Val do Dubra e da Deputación da Coruña, o domingo 15 de decembro de 2019 a terceira edición do Trail de Montaña Dubra Trail. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.

PARTICIPACIÓN: Nas probas de Trail Longo e Trail Curto poderá participar calquer persona de 18 anos ou superiores cumpridos o día da proba. Na ANDAINA popular poderán facelo a partir de 16 anos cumpridos o día da proba.

PUNTO DE SAÍDA E META E PERCORRIDO DAS PROBAS: As probas sairán a carón do Campo de Fútbol Juan Baleato, na Rúa Arcai na localidade de Bembibre. Ese punto será tamén punto de meta das mesmas. As probas discurrirán por camiños e sendas de monte na maior parte do percorrido.

HORARIO

  • 09.30 h TRAIL LONGO 25 km aprox.
  • 09.30 h ANDAINDA POPULAR 14 km aprox.
  • 09.30 h TRAIL CURTO 15 km aprox.

INSCRICIÓNS: As inscricións poderán realizarse ata o 12/12 ás 23.59 h

AVITUALLAMENTOS: Estableceranse 3 puntos de avituallamento líquidos e sólidos na ruta longa, 2 na ruta curta e na Andaina distribuidos do seguinte xeito:

- RUTA LONGA: KM 8, KM 16 e META.

- RUTA CURTA: KM 8 e META.

- ANDAINA: KM 8 e META.

DUCHAS E VESTIARIOS: Haberá servizo de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no Campo de Fútbol Municipal (lugar de saída e meta das probas).

AGASALLO TÉCNICO PARTICIPANTES: Todos os participantes que se inscriban nos prazos de inscrición mencionados anteriormente recibirán un agasallo de organización pola súa participación no Dubra Trail.