Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Ordes, martes 31 decembro 2019

III SAN SILVESTRE ORDES

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CORRE E ANDA 57 inscritos 16:30 3,7 km 27/12/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 57 inscritos
O Concello de Ordes e Club de Atletismo A Silva-Ordes celebra a III edición da San Silvestre non competitiva, o martes 31 de decembro de 2019 na localidade de Ordes baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago)
Poderá participar calquera persoa federada ou non federada, independentemente da súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen clasificación ou resultado algún. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

HORARIO: Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, que será ás 16:30 h., sita na rúa Entreparques (detrás da Casa Consistorial).
PERCORRIDO: Saída e meta na rúa Entreparques, cunha distancia de 3,7 km aproximadamente.
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición rematará o venres 27 de decembro de 2019 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN a carón da SAIDA ata MEDIA HORA antes do inicio da proba.
SERVIZOS: Ao final do evento, haberá chocolate quente e roscón para os participantes.

Os inscritos doarán alimentos ou outros produtos non perecedoiros a Cáritas Ordes, situado nos postos correspondentes a tal fin ao carón da saída.
Anímase a tódolos participantes a acudir disfrazados ou con motivos de nadal.