Malpica, sábado 07 setembro 2019

IV CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE MALPICA

FINALIDADE DA IV CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE MALPICA: O obxectivo da IV Carreira Pedestre do Concello de Malpica é fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen.

INSCRICIÓNS: Ata o Martes  3 de setembro ás 24h.
1 € solidario. Por cada inscrito na carreira 9K a organización donará 1 € á AECC.

CALIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS NA IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MALPICA
Nas carreiras de categorías de base
  • Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes nas probas.
  • Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías (Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete). Na categoría Biberón recibirán medalla todos conforme vaian entrando na meta.
Na carreira  9 K.
  • Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
  • Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías ( xuvenil, sénior, M40 e M50).
  • Recibiran trofeo os tres  primeiros/as clasificados/as na proba 9K.
  • Recibiran trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de Malpica.
A entrega de trofeos no palco situado diante da Meta,  se o tempo o permite, e no suposto que non fose así no Pavillón Polideportivo municipal do Concello de Malpica.
Cando remate este acto haberá un ágape no mesmo lugar para os participantes e os seus acompañantes.