Santiago de Compostela, xoves 19 abril 2018

IV CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE – RUN4MED

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER 127 inscritos 19:30 5,5 km 17/04/2018 8,00 plazas
SENIOR 153 inscritos 19:30 5,5 km 17/04/2018 8,00 plazas
SUB 23 71 inscritos 19:30 5,5 km 17/04/2018 8,00 plazas
SUB 20 12 inscritos 19:30 5,5 km 17/04/2018 8,00 plazas
SUB 18 1 inscritos 19:30 5,5 km 17/04/2018 8,00 plazas
SUB 16 0 inscritos 19:30 5,5 km 17/04/2018 8,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 364 inscritos

O concesionario do Servizo de Reprografía, Edición e Impresión dixital, Campus na Nube, S.L., da Universidade de Santiago de Compostela e a asociación de alumnos Run4Med, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación USC Deportiva e a Federación Galega de Atletismo, organizan o xoves 19 de Abril de 2018, na zona do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela a IV Carreira Universitaria Solidaria, (Campus na Nube - RunForMed), coa finalidade de recadar fondos que axuden a "Asociación Centinelas", unha Asociación de axuda a Mulleres e Nais en situación de vulnerabilidade.

LUGAR DE SAIDA: Todas as categorías sairán ás 19:30 horas da Avenida Antonio R. Ibáñez, a carón das Pistas de Tenis da Universidade de Santiago, e o punto de chegada será no interior do Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.
INSCRICIÓNS: Ata o martes ás 15:00horas. Prazo ampliado. 
Dado o carácter solidario da proba en beneficio da asociación mencionada, as inscricións terán un donativo de 5 euros + 3 euros de gastos de organización. O citado donativo irá dirixido íntegramente a Asociación Centinelas e será entregado públicamente ao remate da proba na zona de entrega de premios ubicada no Estadio de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse a partir do mércores día 18 no local de Campus na Nube na Praza do Seminario de estudos galegos, a carón da Facultade de Farmacia en horario de 8:30 a 19:30 horas., e ate unha hora antes da saída da proba (19 de abril as 19:30 hs.)
SERVIZOS: Habilitaráse un servizo de guardarroupa o día da proba, nas instalacións de Campus na nube para todos aqueles participantes que desexen deixar as súas pertenencias e nas propias instalacións das pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.
PREMIOS e AGASALLOS: Trofeo os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas no presente regulamento así como os / as 3 primeiros / as da clasificación xeral da proba absoluta.