Narón, domingo 23 setembro 2018

IV CARRERA SOLIDARIA ASOTRAME 2018

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA OU ANDAINA 720 inscritos 11:00 5 km 20/09/2018 8,00 plazas
ESCOLARES 2 20 inscritos 12:00 1,5 km 20/09/2018 2,00 plazas
ESCOLARES 1 68 inscritos 12:15 1 km 20/09/2018 2,00 plazas
PITUFOS 159 inscritos 12:30 0,1 km 20/09/2018 2,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 967 inscritos

XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación Ferrol), e coa colaboración do  Concello de Narón, organiza a “IV CARREIRA SOLIDARIA  ASOTRAME”. 

Nesta “IV CARREIRA  SOLIARIA  ASOTRAME”, proba oficial da Federación Galega de  Atlestimo con distancia non homologada, poderán participar atletas federados e non federados, habendo unha clasificación conxunta. 

INSCRICIÓNS: ata o 20 de setembro de 2018 ás 23:59 h 

FOLLA LEI DE PRORECCIÓN DE DATOS  (Realizar envío a: info@asotrame.com)

RETIRADA DE DORSAIS E CAMISETA 

  • Sábado 22 de setembro de 2.018. Retirada de dorsais en horario de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h. en Decathlon Ferrol. 
  • O día da carreira nas inmedicacións da saída, ata 1 hora antes do inicio de cada proba.

Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante da carreira absoluta, ata fin de existencias. 

SERVIZOS 

  • Haberá servizo de  avituallamiento sólido e líquido á chegada a meta por cortesía dos colaboradores. 
  • A  carrerá dispoñerá de Servizo Médico e Ambulancia Medicalizada.
  • No Pavillón da Gándara dispoñerase de servizo de duchas e vestiarios
  • A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo do percorrido.  

TROFEOS E PREMIOS 

  • Todos os corredores inscritos na carreira absoluta serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa. 
  • Todos os  pitufos recibirán un obsequio da proba. 
  • Os tres primeiros clasificados das categorías Escolares 1, Escolares 2 recibirán medalla.
  • Na carreira absoluta os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculina como feminina recibirán trofeo.  
  • Entregarase trofeo ao campión absoluto masculino e feminino.  
  • Entregarase trofeo ao equipo, asociación, club ou entidade con máis participantes inscritos na carreira. 
  • Entregarase trofeo ao colexio con máis participantes inscritos nas carreiras menores.