Lourenzá, domingo 19 xaneiro 2020

IV CROS COMARCAL "A MARIÑA LUCENSE"

O Club Atletismo Lourenzá, organiza o IV Cros Comarcal “A Mariña Lucense”, o próximo día 19 de xaneiro de 2020 na localidade de Lourenzá (Lugo), concretamente nas inmediacións do campo de fútbol da devandita localidade. Poderán participar todos aqueles atletas federados e non federados, nacidos no ano 2004 e anteriores.

Inscricións: O prazo para inscribirse termina o 16 de xaneiro do 2020 ás 23:59 horas, ou ata cubrir o límite de participantes (100). Non se admitirán inscricións a partir de dita data, nin o mesmo día da carreira.
Premios:
  • Entregaranse medallas aos tres primeiros atletas de cada categoría.
  • Entregarase trofeos aos tres primeiros equipos clasificados.
  • Igualmente, entregarase trofeo aos tres primeiros clasificados na xeral.