Borborás, sábado 02 novembro 2019

TRAIL NOCTURNO DE BOBORÁS

O Concello de Boborás organizará o sábado 2 de novembro de 2019 o Trail Nocturno de Boborás. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

Os participantes no TRAIL NOCTURNO serán trasladados en autobús desde a zona ubicada a carón do polideportivo municipal do Concello de Boborás ate o punto de SAÍDA ubicado na parte inferior da Ponte da Cruz a partir das 17:30 horas.

INSCRICIÓNS: Ata o xoves 31 de outubro ás 23.59 h

RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais poderán recollerse a partir das 16.30 horas no polideportivo municipal de Boborás (pista polideportiva (no caso de choiva no interior do polideportivo municipal).

TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL: Os participantes serán trasladados desde o polideportivo municipal de Boborás (lugar de meta) ata as inmediacións da Ponte da Cruz do seguinte xeito: A partir das 17.30 horas dende o Polideportivo Municipal de Boborás en dirección a Pazos de Arenteiro.