Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

A Pobra do Caramiñal, domingo 19 maio 2019

TRAIL SERRA DO BARBANZA 2019. - V CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL LONGO 1 inscritos 10:30 23,3 km 15/05/2019 15,00 plazas
Inscribirme Total: 1 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL MINI 0 inscritos 10:30 16,7 km 15/05/2019 10,00 plazas
Inscribirme Total: 0 inscritos
O Concello de A Pobra do Caramiñal, a Asociación de Deportes e Atletismo do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo, organizarán o domingo 19 de maio de 2019 o Trail Serra do Barbanza, VII Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal que será a súa vez CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E DAS CATEGORÍAS SUB 20, SUB 23 e MASTER DE TRAIL 2019. 
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

SAÍDA da proba: Mirador da Curotiña  https://goo.gl/maps/pRa57qi4eJ12
Os participantes tanto na modalidade de MINI - TRAIL como na modalidade de TRAIL terán que presentarse no lugar de saida coa suficiente antelación para recoller os dorsais de competición e pasar a correspondente CÁMARA DE CHAMADAS (só participantes no Campionato de Galicia de TRAIL).

AS CATEGORÍAS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL SERÁN AS OFICIALMENTE ESTABLECIDAS NA CIRCULAR DO CAMPIONATO (Aquí)  

Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Runnning que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licencia. Para o resto de participantes suscribirase un seguro licenza de día.

INSCRICIÓNS: Ata mércores 15 de maio ás 23.59 h. Para os participantes no Campionato de Galicia de TRAIL 2019 pecharase o prazo de inscrición o martes 14 de maio ás 20.00 horas (Aquí) OS ATLETAS QUE PARTICIPEN NO CAMPIONATO DE GALICIA NON PODERÁN OPTAR A NINGÚN TIPO DE PREMIO, NIN SUMAR POSTOS PARA A CLASIFICACIÓN DOS SEUS  EQUIPOS OU CLUBES DO TRAIL - MINI E TRAIL SE NON FAN O ABONO DA COTA DE INSCRICIÓN POPULAR.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais tanto para a Trail - Mini como para o Trail poderán recollerse a partir das 09.00 horas no lugar de SAIDA das probas.
SERVIZO DE DUCHAS e UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS: Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas instalación do Concello da Pobra do Caramiñal, polideportivo de A Tomada.
AVITUALLAMENTOS
PREMIOS E AGASALLOS: Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos, tanto para o Trail – Mini como para o Trail:
  • Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente reglamento.
  • Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail - Mini e Trail.
  • AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail - Mini como no Trail (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes da saida das probas).
  • Medallas no Campionato de Galicia segundo Circular ( https://atletismo.gal/circulares/ ).
  • PREMIOS ECONÓMICOS