Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Trazo, sábado 22 febreiro 2020

V CARREIRA DO ENTROIDO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRILLAZO 3 MILLAS 63 inscritos 10:00 4,8 km 19/02/2020 0,00 plazas
Inscribirme Total: 63 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
SUB 16 - 18 - ADULTOS 31 inscritos 11:30 1,2 km 19/02/2020 0,00 plazas
SUB 14 E SUB 12 19 inscritos 11:20 0,4 km 19/02/2020 0,00 plazas
SUB 10 13 inscritos 11:10 0,2 km 19/02/2020 0,00 plazas
PITUFOS 37 inscritos 11:00 0,1 km 19/02/2020 0,00 plazas
Inscribirme Total: 100 inscritos
O Concello de Trazo organiza coa colaboración da Federación Galega de Atletismo esta proba dende fai 4 anos. O carácter lúdico da mesma é pé fundamental xunto co fomento do deporte. O primeiro ben dado polas datas do Entroido nas que ten lugar a proba e o segundo foi en aumento. Para manter o carácter lúdico realizarase unha carreira con distintas categorías nas que é obrigatorio participar disfrazado.
No caso do obxectivo deportivo contamos co TRILLAZO (3 millas de Trazo), que ten un percorrido polas inmediacións de Viaño Pequeno (lugar de comezo e fin da proba). Cunha superficie mixta de asfalto e pista forestal. Nesta proba non é imprescindible ir disfrazado....... aínda que non será prohibido.
  • LUGAR DA SAÍDA E CHEGADA: Nas inmediacións do Concello de Trazo, Viaño Pequeno-Trazo (Ligazón)
  • INSCRCIÓNS: A data límite de inscrición será o mércores 19 de febreiro de 2020 ás 23:59h.
  • AVITUALLAMENTO Ó FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS. Ó fin de cada proba proporcionarase @s deportistas unha bolsa con bebida, froita...
  • PREMIOS: Recibirán medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada carreira por categorías. Na carreira de pitufos levarán medalla tod@s @s participantes. Recibirán un premio especial os mellores disfraces nas diferentes carreiras, en categoría infantil e adulto. Premiarase ó Mellor disfrace, Mellor disfrace feito na casa e Mellor disfrace colectivo.