Ribeira, domingo 14 xullo 2019

V CARREIRA POLA DIVERSIDADE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5K 215 inscritos 10:30 5 km 11/07/2019 6,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 215 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ZAPATILLA INCLUSIVA 9 inscritos 10:30 5 km 11/07/2019 6,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 9 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
HANDBIKE 2 inscritos 10:30 5 km 11/07/2019 6,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 2 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CADEIRA DE RODAS 1 inscritos 10:30 5 km 11/07/2019 6,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 1 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
INFANTÍS 125 inscritos - - 11/07/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 125 inscritos
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organiza o día 14 de Xullo no Concello de Ribeira a V Carreira pola Diversidade. Trátase dunha proba con circuíto urbano con saída ás 10:30h. da explanada de Coroso.
  • A carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, e  formará parte do seu calendario oficial.
  • A carreira ten carácter inclusivo e poden  participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos.
  • Tras esta proba realizaranse probas infantís, de carácter non competitivo.
INSCRICIÓNS: A data límite de inscrición termina o día 11 de Xullo ás 23:59 horas. O tope de inscritos será de 300 adultos no total das distintas modalidades.

RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse no punto de información e avituallamento preto da saída, a partir das 09:45 h. Cada dorsal irá acompañado dun detalle conmemorativo.

CLASIFICACIÓN E PREMIOS: Realizarase unha clasificación xeral da proba e establecerase outra por categorías, de modo que recibirán trofeo os 3 primeiros participantes de cada categoría, tanto masculina como feminina.

SERVIZOS: A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos, así como con servizo de ambulancia e médico. Tamén estarán a disposición dos participantes vestiarios e duchas no Centro de Raqueta (Pavillón de Coroso) e no IES. Nº 1 adxacentes ao lugar de realización da carreira.

SORTEO DE AGASALLOS: Ao finalizar a entrega de trofeos farase un sorteo de distintos agasallos doados por entidades da comarca. Incluiranse no sorteo os dorsais 000. Os agasallos sortearanse entre as persoas presentes.

DORSAL 0: Nesta mesma páxina existe a posibilidade de facer a inscrición do “Dorsal 0”  e colaborar de maneira solidaria neste evento. Tamén se poderá adquirir na mesa de dorsais o propio día da proba.