Santiago de Compostela, xoves 11 abril 2019

V CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE – RUN4MED

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER 122 inscritos 19:30 5,5 km 08/04/2019 8,00 plazas
SENIOR 145 inscritos 19:30 5,5 km 08/04/2019 8,00 plazas
SUB 23 54 inscritos 19:30 5,5 km 08/04/2019 8,00 plazas
SUB 20 10 inscritos 19:30 5,5 km 08/04/2019 8,00 plazas
SUB 18 0 inscritos 19:30 5,5 km 08/04/2019 8,00 plazas
SUB 16 3 inscritos 19:30 5,5 km 08/04/2019 8,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 334 inscritos

O concesionario do Servizo de Reprografía, Edición e Impresión dixital, Campus na Nube, S.L., da Universidade de Santiago de Compostela e a asociación de alumnos da USC Run4Med, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación USC Deportiva e a Federación Galega de Atletismo, organizan o XOVES 11 DE ABRIL DE 2019, na zona do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela a V Carreira Universitaria Solidaria, (Campus na Nube - RunForMed), coa finalidade de recadar fondos que axuden a "ASOCIACIÓN DE FAMILIARES E AMIGOS DE ENFERMOS MENTAIS,FONTE DA VIRXE”.

Esta Asociación traballa coa finalidade de promover a recuperación dos enfermos mentais, a súa integración social, a mellora da asistencia e a súa calidade de vida, así como a defensa dos seus intereses e dereitos. A Asociación pretende, por unha banda, cubrir o baleiro existente de protección deste colectivo, promovendo e potenciando iniciativas que favorezan a súa integración laboral e social.  (http://www.fontedavirxe.org)

SAÍDA E META: Todas as categorías sairán ás 19:30 horas da Avenida Antonio R. Ibáñez, a carón das Pistas de Tenis da Universidade de Santiago, e o punto de chegada será no interior do Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se habilitará un servizo de duchas e vestiarios para todos os participantes.

A carreira constará de 2 voltas a un circuito para sumar un total de 5,5 km aproximadamente. A primeira volta serán 2,4 km e a segunda 3,1 km aprox.

INSCRICIÓNS: ata o luns 8 de abril ás 23:59 horas. 

RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse a partir do mércores día 10 de abril no local de Campus na Nube na Praza do Seminario de estudos galegos, a carón da Facultade de Farmacia en horario de 08:30 a 19:30 horas, e ate unha hora antes da saída da proba (11 de abril as 19:30 horas.). Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora. 

SERVIZOS: Habilitaráse un servizo de guardarroupa o día da proba, nas instalacións de Campus na nube para todos aqueles participantes que desexen deixar as súas pertenencias e nas propias instalacións das pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, servizo de duchas e vestiarios para todos os participantes NO Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.

PREMIOS: Trodeo os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas no presente regulamento así como os / as 3 primeiros / as da clasificación xeral da proba absoluta.