Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Desexo facer un donativo para a asociación colaboradora da carreira:

Dorsal 0 Grazas á túa axuda levamos recadados: €0,00

Vilagarcía de Arousa, domingo 24 marzo 2019

V CARRERA SOLIDARIA LADESOL “CORRO POR TU SUEÑO”

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 10K 2 inscritos 10:50 10 km 20/03/2019 6,00 plazas
CARREIRAS MENORES 1 inscritos - - 20/03/2019 3,00 plazas
Inscribirme Total: 3 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 0 inscritos 10:45 4,5 km 20/03/2019 3,00 plazas
Inscribirme Total: 0 inscritos
A Fundación LADESOL organiza a V Carreira Solidaria LADESOL “Corro por tu sueño” o 24 de Marzo do 2019 na localidade de Vilagarcía de Arousa; baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra. Haberá dúas modalidades distintas, carreira e andaina, para que cada participante escolla a que máis lle conveña.
Poderán participar atletas federados e non federados. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

HORARIOS
10.00: Saída da categoría Benxamín masculino e feminino.
10:05: Saída da categoría Alevín masculino e feminino
10.15: Saída da categoría Infantil/Sub14 masculino e feminino.
10.30: Saída das categorías Xuvenil/Sub18 e Cadete/Sub16 masculino e feminino.
10.45: Saída da Andaina
10.50: Saída das categorías absolutas masculino e feminino.
12.30: Saída da categoría prebenxamín.
12.35: Saída da categoría pitufos.

  • A saída da andaina será dende o paseo do Porto Deportivo á altura dos mini-cines (Ruta de Sendeirismo do Concello)
  • A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio.
INSCRICIÓNS: A inscrición realizarase na páxina da Federación Galega de Atletismo: www.carreirasgalegas.com ou no Colexio San Francisco de Vilagarcía en horario de 11.00 a 13.00 de luns a venres ou de 15:30 a 17:00 de luns a xoves. A data límite para inscribirse on-line será o 20 de marzo do 2019, a data límite para inscribirse no colexio será o 18 de Marzo.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: realizarase no Colexio San Francisco o sábado 23 de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 e o mesmo día e lugar da proba dende as 9.00 ata media hora antes da proba.

Abrirase unha conta “DORSAL 0” para os que desexen participar e non poidan asistir ó evento. Tamén será posible realizar un donativo na propia inscrición á carreira.
TODO O RECADADO irá parar á Fundación LADESOL das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor.