Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Sobrado, sábado 10 agosto 2019

V CORRETROITA POPULAR CONCELLO DE SOBRADO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER FEMININO 2 inscritos 19:30 8 km 08/08/2019 5,00 plazas
MÁSTER MASCULINO 11 inscritos 19:30 8 km 08/08/2019 5,00 plazas
SUB 23 - SEN 1 inscritos 19:30 8 km 08/08/2019 5,00 plazas
SUB 18 - SUB 20 0 inscritos 19:30 8 km 08/08/2019 5,00 plazas
TROITIÑAS 3 2 inscritos 19:10 1,2 km 08/08/2019 0,00 plazas
TROITIÑAS 2 0 inscritos 19:20 0,6 km 08/08/2019 0,00 plazas
TROITIÑAS 1 0 inscritos 19:00 0,16 km 08/08/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 16 inscritos
 O Concello de Sobrado organiza a quinta “Corretroita” o sábado 10 de agosto na localidade de Sobrado baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
As probas disputaranse na localidade de Sobrado. A saída e chegada da proba farase diante do mosteiro de Sobrado. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.  

Inscricións:  Ata o xoves 8 de agosto a 00:00 h. 
Retirada de dorsais: Os dorsais retiraranse, na zona do Mosteiro de Sobrado onde estará ubicada a secretaría da organización, dende as 18:30 h ata media hora antes do inicio de cada proba. 
Premios e agasallos 
  • Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados da proba absoluta, tanto en homes como en mulleres.
  • Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
  • Haberá obsequio cortesía da organización para todos os participantes e avituallamento líquido na zona de meta.