San Sadurniño, domingo 26 maio 2019

VI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO. VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Concello de San Sadurniño. Concellaría de Cultura, Deportes, Ensino e Mocidade. Carreira pertencente o “VII Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña”

A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA).

INSCRICIÓN: Ata o Martes 21 de maio (Os/as paticipantes da categoría de equipos terán que inscribirse previamente de forma individual). Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba.

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: A retirada de dorsais e chips  realizarase:

  • O día anterior de 18:00 a 20:00 horas no C.P.I de San Sadurniño, (Avda. Marqués de Figueroa, San Sadurniño). 
  • En Decathlon Ferrol, Vernes 24 de 19:00 a 22:00 e Sábado 25 de 12:00 a 14:00 horas.
  • O mesmo día no lugar da proba: Haberá unha carpa habilitada para a retirada dos dorsais. O horario de retirada de dorsais será: - Carreira Absoluta (5 Kms). De 9:10 a 11:10 horas - O resto das categorías ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.

AVITUALLAMENTO: Na meta colocarase un avituallamento líquido e sólido ó final da proba para todas as persoas participantes.

SERVIZO DE FISIOTERAPIA: A organización porá a disposición das persoas participantes da carreira absoluta (5Kms) un servizo de fisioterapia para aquelas persoas que sufran algún tipo de incidente durante a carreira.

APARCADOIRO: O Concello habilitará unha zoa específica o carón dos circuítos para que tanto as persoas participantes como o público poidan deixar o coche. 

DUCHAS: As duchas e vestiarios para as persoas participantes estarán situadas no Pavillón Polideportivo Municipal (Avda. Marqués de Figueroa nº 19). 

GARDARROUPA: Habilitarase un servizo de gardarroupa no mesmo lugar da carreira.

XANTAR: Para os que desexen reporñer forzas habilitarase un toldo para poder tomar algo ao rematar a proba.

AGASALLOS: Agasallo para todas as persoas participantes na carreira popular. – Agasallo para os 6 primeiros equipos de cada categoría.

PREMIOS

REGULAMENTO VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA