Porto do Son, domingo 23 decembro 2018

VI CARREIRA POPULAR SIN-SON 10K 2018 VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de Porto do Son organiza o domingo 23 de decembro a partir das 11:00 h horas a carreira popular ¨SIN-SON 10 K¨ a cal estará incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. Esta proba pertence ao VI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA.

RECOLLIDA DE DORSAIS: 
1. Os participantes que se anoten antes do 7 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades: « Santiago, A Coruña ou Vigo»; a partir do 11 de decembro ata o 15 de decembro.; poderán facer efectiva a recollida.
2. Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán:
a. Porto do Son o día 22 de decembro na Casa dá Cultura, na «FEIRA DO CORREDOR» desde as 18:00 ás 21:00 h. Recomendámosvos fagades o esforzo de usar esta opción.
b. Portosín, o mesmo día da carreira en horario de 8:00 a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto dela zona de saída.
INSCRICIÓNS: Ata o martes 18 de decembro ás 23:59 h
PREMIOS:
  • Trofeo para l@ s tres primeiro@ s clasificade@ s de todas as categorías establecidas no presente regulamento.
  • Trofeo para os tres primeiros sonenses homes e mulleres da xeral.
  • Trofeo ao club máis numeroso.
  • CAMISETA TÉCNICA para todos os inscritos. (Só na carreira ABSOLUTA de 10KM).
  • Avituallamiento FINAL (froita, yogurt, chocolatina, auga, bebida isotónica, roscón caseiro e chocolate).
  • Premios económicos
SERVIZOS PARA O ATLETA
  • Servizo de 10 autobuses e gardarroupa para atletas (carpa de META e Bus).
  • Servizo de FISIOTERAPIA para todos os participantes.
  • Marcaxe de cada KM con sinalización no pavimento.
  • Arco ríxido de control ao paso do km5.
  • Servizo de duchas (Pavillón Polideportivo Santa Irene, Piscina Municipal e Campo de Fútbol).
  • Autobús pechando a proba para recollida de participantes que o necesiten.
  • Servizo de 4 ambulancias, seguro deportivo do atleta e de responsabilidade civil do evento
  • Caixóns de saída (Elite: menos de 40 min, Caixón A: menos de 50 min e Caixón B:máis de 50 min).
  • 3 Globos (lebres) para baixar de 40 min, baixar 45 min e baixar de 50 min.
  • Hospital de campaña Cruz Vermella.
  • Servizo de ludoteca.
  • Baños
  • Zonas de Parking Atletas.