Friol, sábado 27 abril 2019

VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE FRIOL

A VI Edición da Carreira Popular de Friol está organizada conxuntamente polo CPI  Dr. López Suárez e o Concello de Friol 
Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen. 

INSCRICIÓNS: O prazo de inscripción rematará o mércores 24 de Abril 
PERCORRIDO:  A carreira terá un percorrido de 5 km e a saída terá lugar diante do Colexio de Friol, na Praza de España. Dende ahí xiraremos a dereita tomando a Avenida de Lugo. Pasada a gasolinera, collemos a carretera de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol dirección o pobo. Alí collemos a Rúa Santa Isabel ata enlazar outra vez ca Avenida de Lugo. Unha vez que se chega a altura do Colexio, darase unha volta o mesmo para entrar en meta.  
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:  Os dorsais e chips de cronometraxe se entregarán o sábado da carreira de 12:00 horas a 14:00 horas e de  16:00 horas a 17:00 horas  na pista polideportiva do Colexio de Friol 
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA:
Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas inmediacións do propio Centro Educativo 
Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacións polideportivas do propio Colexio