Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Santiago de Compostela, sábado 07 decembro 2019

VIII CORRESAN BARRIO DE SAN PEDRO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 368 inscritos 17:20 5 km 04/12/2019 6,00 plazas
ESCOLARES 2 115 inscritos 17:00 2 km 04/12/2019 0,00 plazas
ESCOLARES 1 139 inscritos 16:45 1 km 04/12/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 622 inscritos
É un pracer presentarvos a “VIII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 2019, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo ou popularmente coñecido “running”.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de sub 10 (benxamíns) a máster (veteranos)) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.

A participación poderá ser individual ou formando parte de equipos, tanto federados como populares. Os escolares poderán a maiores formar grupos por centros escolares.