ENTREGA DE CAMISETAS E BOLSA DO CORREDOR
Gonzacar Ford Santiago
HORARIOS DE ENTREGA DE DORSAIS DE CIRCUÍTO E DE CARREIRA
- Venres 14 de setenbro de 10:00h a 20:00h
- Sábado 15 de setembro de 10:00h a 13:30h
- O sábado en horario de 19:00 a 21:00 horas tamén poderase recoller na Praza do Obradoiro.
É un pracer presentarvos a “VII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 2018, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.
O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo ou popularmente coñecido “running”.