XA PODES VER O NÚMERO DO TEU DORSAL
O Concello de Fene organiza a Carreira popular “VII SAN SILVESTRE – CONCELLO DE FENE”. A proba terá lugar o día 28.de decembro de 2019 a partir das 16:30 horas. A saída e meta estarán situadas diante do Concello de Fene (Avenida do Concello s/n).
A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Horario
- 18:40 PITUFOS 2014 - 2015 100 m.
- 18:30 SUB 8 2013 - 2012 200 m.
- 18:25 SUB 10 2011 - 2010 400 m.
- 18:10 SUB 12 2009 - 2008 800 m.
- 17:55 SUB 14 2007 - 2006 1.200 m.
- 17:10 SUB 16 2004 - 2005 2.500 m.
- 17:10 SUB 18 2002 - 2003 2.500 m.
- 16:30 ABSOLUTA 2001 e anteriores 5.000 m.
- 17:20 ANDAINA TÓDALAS IDADES 2.500 m.
Inscricións: Ata o día 24 de decembro ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións presenciais o mesmo día da proba.
Retirada do dorsal - Chip:
- O venres, día 27 de decembro, no pavillón da Xunqueira (San Valentín) en horario de 9:00 a 13:30 h e de 16:00 a 22:00 horas.
- O día 28 de decembro no salón de Plenos do Concello de 10:30 a 13:30 h. e de 15:00 a 16:00 h.
Premios:
- Os tres primeiros clasificados/as das categorías SUB 16 e SUB 18 Masculino e Feminino recibirán un obsequio ou trofeo.
- Os tres primeiros clasificados/as da categoría Absoluta Masculina e Feminina recibirán un obsequio ou trofeo.
- Tódolos participantes das demais categorías de CARREIRAS serán agasallados.
Avituallamento: Na zona de meta establecerase un avituallamento final líquido.