O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a VIII Carreira pola Ría do Burgo, prevista para o domingo 19 de maio, e que chega á súa oitava edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido dende o ano 2012 por iniciativa da Asociación Castelo Deporte. A proba forma parte do VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
LUGAR: A proba celebrarase o domingo 19 de maio no paseo marítimo da ría do Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ó pé da ría, na zona das pistas polideportivas
INSCRICIÓNS: Ata as 23:59 do mércores 15 de maio (Ampliado)
PREMIOS: Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.
DORSAIS E CRONOMETRAXE: A proba estará cronometrada pola Federación Galega de Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adheridos ó dorsal e poderán recollerse entre o sábado 18 de maio de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas no Xardín Botánico do paseo marítimo, ou ben na zona de saída e meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día da carreira. Cronometraranse electronicamente todas as categorías agás a de pequerrechos e prebenxamín.
AVITUALLAMENTO: Será na zona de meta para todas as categorías. Nos 10 km haberá tamén outro a metade de percorrido. Rogase os corredores teñan en conta o entorno e intenten deixar o liso nos contenedores ou preto de eles.
OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN: Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.
SERVIZOS: Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba. Non haberá servizo de vestiarios e duchas.
REGULAMENTO VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA