Muros, domingo 08 setembro 2019

VIII CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE MUROS

A Concellería de Deportes a través da Piscina Municipal de Muros organiza o domingo 8 de setembro a VIII Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 

INSCRICIÓNS: O prazo límite de inscricións será o xoves 5 de setembro ás 23.59 h, non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da proba. 
LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS:  
• Piscina Municipal de Muros (Soborribas, s/n Serres): 
SÁBADO 7 de setembro dende as 9.00 h ás 13.00 h. 
• Casa do Concello: 
DOMINGO 8 de setembro dende as 8.30 h ata 1 hora antes do inicio da carreira absoluta. 

LUGAR DE SAÍDA E META: Dende a zona portuaria, proximidades a praia do castelo. 
SERVIZO DE DUCHAS: Piscina Municipal de Muros. 
AVITUALLAMENTO DE META: Proporcionarase auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.