Santiago de Compostela, sábado 12 outubro 2019

VIII CORRESAN RUTA DA PRATA - ANGROIS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CIRCUÍTO ADULTOS + SAN SILVESTRE 366 inscritos - - 10/10/2019 20,00 plazas
CIRCUITO ESC 2 115 inscritos - - 10/10/2019 0,00 plazas
CIRCUITO ESC 1 139 inscritos - - 10/10/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 620 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA ADULTOS 101 inscritos 18:45 5,21 km 10/10/2019 6,00 plazas
CARREIRA ESC 2 13 inscritos 18:15 2,31 km 10/10/2019 0,00 plazas
CARREIRA ESC 1 18 inscritos 18:00 1,2 km 10/10/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 132 inscritos
Lembra que o dorsal do circuíto debe ser conservado e utilizado en todas as carreiras do circuíto

Prazo de inscrición: Prazo ampliado ata as 23:59 do xoves 10 de outubro (prazo ampliado)
Recollida de dorsais: O día da carreira nas inmediacións da saida, desde as 17:00h ata 30 min antes da saida de cada proba.
Servizos:
  • De duchas no polideportivo de Lamas de Abade.
  • De roupero na zona de meta.

É un pracer presentarvos a “VIII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 2019, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo ou popularmente coñecido “running”.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de sub 10 (benxamíns) a máster (veteranos)) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.

A participación poderá ser individual ou formando parte de equipos, tanto federados como populares. Os escolares poderán a maiores formar grupos por centros escolares.