Santiago de Compostela, domingo 03 novembro 2019

VIII CORRESAN RUTA DOS PARQUES

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 518 inscritos 11:00 6,1 km 31/10/2019 6,00 plazas
ESCOLARES 2 135 inscritos 12:20 2,6 km 31/10/2019 0,00 plazas
ESCOLARES 1 193 inscritos 12:00 1,4 km 31/10/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 846 inscritos
RECOLLIDA DE DORSAIS: Farase no lugar de meta para todas as categorías, antes de coller os autobuses da carreira de adultos. A partir das 9:30 h ata 30 min antes do inicio de cada proba.
SERVIZO DE ROUPEIRO: En saída e meta
SERVIZO DE AUTOBUSES: A partir das 10.00 horas poderase coller o autobús na rotonda de Pontepedriña, a carón da liña de meta.
SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS: No polideportivo de Pontepedriña en horario de 10 a 14 horas.


É un pracer presentarvos a “VIII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 2019, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo ou popularmente coñecido “running”.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de sub 10 (benxamíns) a máster (veteranos)) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.

A participación poderá ser individual ou formando parte de equipos, tanto federados como populares. Os escolares poderán a maiores formar grupos por centros escolares.