Organiza: Club Atletismo Olympo - Matojoma Grupo Tú
O Club Atletismo Olympo, organiza o vindeiro 31 de decembro de 2018 a VIII San Silvestre de As Pontes, que se celebrará sobre unha distancia aproximada de 5 km en ruta. A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuízes da Federación Galega de Atletismo.
Trátase dunha proba eminentemente festiva, para disfrazarnos e divertirnos para despedilo ano e dar a benvida ao 2019, polo que a organización agradece e premia que cada atleta saque o seu mellor disfraz para participar na proba. Nesta proba poderán participar atletas federados e non federados.
Lugar de Saída: Rúa Alexandre Bóveda (Colexio Público Santa María)
Distancia: Dende 50 a 5000 metros aproximadamente
Inscripcions: Ata o 28 de Decembro as 23:59
Recollida de dorsais: Farase o mesmo día da proba ata 30 minutos antes da saída da Carreira , no interior do Mercado Municipal.
Horarios
1. Categoría Absoluta( 5.000m), Xuvenís (2.500) e Andaina (2.500)............ 17:30
2. Biberóns e Prebenxamíns (100m)................................................................18:00
3. Benxamíns e Alevíns (800m)....................................................................... 18:10
4. Infantís e Cadetes (1.600m)........................................................................ 18:25
Premios
- Premio ao mellor disfraz das categorías infantís individual
- Premio ao mellor disfraz da categoría individual Absoluta
- Avituallamento final para todos os participantes
- Valorarase a imaxinación dos participantes
- A Temática dos disfraces desta VIII Edición, serán os Superheroes e Superheroinas, podendo participar de igual xeito calquer tipo de disfraz, pero sin ter opción á Premiación.
O Disfraz gañador, será escollido polo numero de Dorsal, polo que éste, deberá de ir nun lugar ben visible.