Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Xermade, domingo 13 outubro 2019

X CARREIRA POPULAR DE XERMADE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10K 1 inscritos 11:30 10 km 10/10/2019 5,00 plazas
SUB 16-18 0 inscritos 11:10 2 km 10/10/2019 0,00 plazas
SUB 14 0 inscritos 11:10 2 km 10/10/2019 0,00 plazas
SUB 12 0 inscritos 11:00 1 km 10/10/2019 0,00 plazas
SUB 10 0 inscritos 11:00 1 km 10/10/2019 0,00 plazas
PROMOCIÓN 0 inscritos 11:20 0,3 km 10/10/2019 0,00 plazas
PITUFO 1 inscritos 11:25 0,15 km 10/10/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 2 inscritos
O Concello de Xermade organiza a X Carreira Popular de Xermade. A proba organizarase o vindeiro Domingo 13 de Outubro de 2018 ás 11:00 horas, con saída da Praza do Concello (no caso de que o tempo non o permita será desde o pavillón polideportivo) e discorrerá por vías do concello de Xermade.

Participación: A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
NOVO PERCORRIDO: O novo circuíto de 10km será sobre asfalto.
Inscrición: O prazo de inscrición pecharase o xoves 10 de outubro as 23.59h. 
Retirada de Dorsais: Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización, ata media hora antes da saída de cada proba.
Premios:
  • Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo.
  • Na categoría de Pitufos e Promoción haberá medallas para todos os participantes.  Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións. 
  • Nas categorías dende Sub-10 ata Máster C: trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo.
  • A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 12:50h. (no caso de que o tempo non o permita será dende o pavillón polideportivo)
Servizos para os participantes:
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Camiseta para todos os participantes na carreira de adultos.
3. Baños na zona de saída-chegada.
4. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
5. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
6. Roupeiro, os participantes poderán deixar no local de recollida dos dorsais a roupa, que será custodiada por voluntarios da organización
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5 da carreira de adultos.
9. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).